Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela suma tres puntos na súa visita a Poio

RR_Noticias

O equipo de Julio Mougán dominou claramente o partido disputado no pavillón de A Seca en Pontevedra. 2-4 foi o resultado do encontro que deixa aos de Redondela a tan só un punto do segundo clasificado, o Mos. Logo do descanso de Semana Santa retomarán o calendario cunha cita na bomboneira ante o Abetos, equipo moi necesitado de puntos xa que é o antepenultimo da táboa.

O Redondela amosou a súa superioridade na primeira parte do encontro nun partido no que se sentíu cómodo coa posesión do balón, de feito chegaría ao descanso cunha vantaxe de dous tantos. A segunda metada arrancaría tamén con boas vibracións para os de Mougán, poñendo Dani no marcador o 0-3. Con todo, o Poio reaccionou e comezou a poñer aos redondeláns en dificultades, achegándose no marcador con dous tantos. A falla de tres minutos os locais apostarían pola figura do porteiro xogador, e sería aquí cando a tan so un minuto do final Juan dende o seu campo convertía o definitivo 2-4.
Triunfo moi importante, xa que asegura mellorar a posición da temporada pasada a falla de cinco encontros para o remate, ademais de seguir optando a esa segunda posición, e máis, despois de ver como o Lavadores caía derrotado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará