Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os bebés aprenden inglés e música en Chapela

RR_Noticias

A escola de música de Chapela pon en marcha un pioneiro programa de música e movemento para bebés e nenos pequenos coñecido como The music class impartido pola trompista profesional e profesora de primaria Helen Burr. Un novo sistema que permite combinar a música coa ensinanza do inglés que comezará o 22 de abril nas instalación da escola nos baixos do pavillón.

The Music Class é un programa de música e movemento para bebés e nenos pequenos que se creou en Atlanta no ano 1998 e que se espallou rapidametne a outros países
Unha actividade que aglutina a pais e fillos sendo así unha oportunidade única de fortalecer o seu vínculo afectivo mentres xogan, cantan e bailan en inglés.
A Escola de Música de Chapela presenta por primeira vez dentro dá súa programación de ensinanzas musicais, este innovador e novidoso sistema o día 22 de abril as 18 horas, nas súas instalacións nos baixos do Pavillón de Chapela, no que comenzarán as clases da man dá mestra Helen Burr, trompista profesional en orquestras de EE.UU, Nova Zelanda e Banda Municipal de Ourense, profesora de inglés e música.
Este novo sistema que permite combinar a música con ensinanza do inglés ao mesmo tempo que se xoga, está dirixido a nenos de 0 a 5 anos.
Con The Music Class a Escola de Música de Chapela sigue apostando por novas formas de facer chegar e compartir a música, esta vez con nenos dende os seus primeiros días.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará