O Centro de interpretación Meirande amplía a súa oferta con actividades para os máis pequenos. Este domingo o Pallaso Popín será o encargado de facer de guía de excepción para os nenos que se acheguen ao museo en horario de tarde. Para participar cómpre inscrición previa no teléfono 986458891 ou do enderezo electrónico museomeirande@redondela.es.
Esta é unha boa oportunidade para que os nenos se acheguen ao Centro de Interpretación da batalla de Rande e coñezan un pouco máis da historia da ría de Vigo e da batalla naval do ano 1702. Os pequenos gozarán dunha visita teatralizada a cargo do pallaso Popín quen os guiarán polas diferentes salas do museo. O camarote, a sala de máquinas, a sala de audiovisuais e participarán tamén de obradoiros de manualidades. A Concellería de Cultura amplía así a programación do Meirande cunha primeira sesión o domingo día 20 concidindo coas vacacións de Semana Santa. Actividades que se repetirán os sábados 31 de maio e 28 de xuño. Unha actividade de balde para a cal é preciso inscrición previa que se pode formalizar a través do teléfono 986 45 88 91 ou do enderezo electrónico museomeirande@redondela.es.