Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortado o tráfico ferroviario ao descarrilar un tren de mercancías en Arcade

RR_Noticias

Centos de usuarios resultaron afectados por este corte ferroviario a partir das 18:15 horas de onte, cando se producía o descarrilamento dun tren de mercancías da empresa Comsa que no momento de producirse o accidente circulaba baleiro. O tren quedou detido nas inmediacións da ponte da fábrica de Pontesa, sen que haxa que lamentar danos persoais.

O accidente provocou que centos de viaxeiros de trece trens que circulaban polo tramo de A Coruña-Vigo se viran afectados, tendo que se trasladados en autobús ás estacións máis próximas e moitos viaxeiros de Arcade que esperaban o rexional a Vilagarcía quedaron tamén sen servicio.
O tren accidentado pertence á empresa Comsa e realizaba o traxecto entre Valença do Miño e A Coruña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará