A sección “Outro mundo é posible” do programa A Estación ven de ser seleccionada aos primeiros premios Luceira que outorgan a Coordinadora Galega de ONGD, EAPN-Galicia, CERMI Galicia, Agareso e ACPP. As votacións están abertas ata o vindeiro 30 de abril. Podedes votar aqui
Os premios Luceira teñen como obxectivo “visibilizar e poñer en valor o traballo colectivo das distintas iniciativas de comunicación social que existen en Galiza e que dan cobertura ás temáticas do eido social achegando análise, reflexión e participación social”. Escolléronse un total de 17 candidaturas e calquera persoa pode votar na internet as que máis lles gusten (un máximo de cinco) até o vindeiro 30 de abril. Os premios serán entregados o 13 de maio na Facultade de Xornalismo da USC.
Outro mundo é posible é un espazo da Radio de Redondela que conta cada semana cun convidado para abordar temas de actualidade en torno á ecoloxía, o desenvolvemento sostible e a solidariedade e que pretenden crear un mundo mellor. Unha sección na que facemos referencia a propostas solidarias, iniciativas respectuosas co medio ambiente e alternativas que buscan o desenvolvemento sustentable ben partan de entidades públicas ou privadas.
Entrevistados por Lorena Otero, pasaron por esta sección colectivos de Redondela como a Asociación de Consumo responsable Loaira, Redetroco, Asociación Andaina, a Horta do Cadaval ou o Proxecto Magallanes pero tamén iniciativas de ámbito autonómico como Nosa Enerxía, Fiare, Asociación ANDREA, Doafound, Libera ¡, Bicomún, Move3, entre outras.