Unha proposta que a Agrupación de Electores presentará a través dunha moción ao pleno municipal que se celebra esta semana e na que propoñen a “supresión inmediata ao finalizar o presente curso do grao elemental do Conservatorio mantendo e potenciando a Escola de Música”. Solicitan tamén a creación dun grupo de traballo para estudar o futuro das ensinanzas musicais en Redondela.
Entenden que é necesaria a posta en marcha de xeito inmediato “antes dun mes” dun grupo de traballo no que se inclúan representantes dos grupos da corporación e de organizacións que traballen no eido da ensinanza musical no Concello, co obxectivo de elaborar un plan estruturado que aborde as necesidades e a organización desta ensinanza por todo o concello.
A Agrupación de electores enteden necesaria facer esta análise atendendo a que se trata dun servizo que “lonxe de autosubvencionarse presenta un déficit considerable”. Entenden ademais que se debería potenciar a Escola de Música “descentralizándoa o máximo posible para facela accesible á maior poboación posible”.