Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela en curto toma as rúas

RR_Noticias

O festival que terá lugar en Redondela entre o xoves 24 e o domingo 27 de abril, presenta na súa décimo edición importantes novidades que trasladan moitas das súas actividades á rúa. Así a banda de música de Chapela ofrecerá varios concertos na pista da Xunqueira e nos Xardíns da Alameda e unha “caravana curtísima” ofrecerá aos transeúntes a posibilidade de achegarse a algunhas destas película en pequeno formato.

A programación arrancará o xoves ás 21:00 horas coa proxección no Multiusos do primeiro dos bloques no que se inclúen os título “Como su padre”, “Agur”, “Moire” e “Sequence”, unha das curtametraxes recomendadas especialmente polo director do festival Fernando Carreira Cuchi. Previamente, a banda de Chapela ofrecerá un concerto moi especial “batutas e claquetas” cun repertorio integrado exclusivamente por bandas sonoras de películas. Un concerto que se poderá escoitar tamén ao aire libre, o sábado 26 as nove da noite na Pista da Xunqueira e o domingo ás sete nos xardíns da Alameda. Ao longo dos catro días do festival poderanse ver as 16 curtametraxes que optan ao único premio en xogo, un premio outorgado polo público e que está dotado con 1.500 euros. Pero ademais desta sección oficial, con pases no Multiusos e entrada a 3 euros, haberá posibilidade tamén de ver os traballos “máis frikis” en diferentes bares de Redondela e achegarse tamén á sesión golfa que terá lugar ás doce da medianoite do venres no local Disco Tasca.. Actuación todas elas de balde do mesmo xeito que a “caravana curtísima” á que o espectador poderá acceder nas tarde de venres, sábado e domingo en horario de seis a oito e que estará instaladas nas inmediacións do auditorio da Xunqueira. Un programa que se completa coa exposición de pintura “O privilexio do esforzo” de Angel Barros, que xa se pode visitar nas salas do Multiusos.    

Fernando Carreira Cuchi DIrector do Festival
Unha das novidades máis salientables é a Caravana Curtísima
Música de película
A Banda de Música de Chapela ofrecerá un repertorio variado cin bandas sonoras ben coñecidas
Sequence e 2:43
As apostas do director

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará