Un total de 22 establecementos participan nesta edición, que se celebra desde o 24 de abril ata o 4 de maio. Os clientes poderán degustar deliciosas tapas acompañadas dun viño ou unha cervexa por 2,50 euros. Ademais poderán participar no sorteo de agasallos como estancias en balnearios ou lotes de viño.
Restaurantes, taperías e cafeterías do municipio ofrecerán unha selección dos seus mellores pinchos acompañados dunha gran selección de viños. Este evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela, pretende poñer en valor “o bo facer” da hostalería local, con pinchos nos que o produtos da terra e do mar son os protagonistas, sen esquecer o choco de Redondela. Son 22 propostas nas que se mistura tradición, innovación e orixinalidade. Fernando Sampil, presidente do colectivo, confía en que esta terceira edición sirva para consolidar a Ruta do Pincho, con máis participación en cada edición. Desde o Concello de Redondela, que colabora coa iniciativa, o edil Arturo González destaca a importancia deste tipo de campañas que “animan” ao consumo no municipio e poñen en valor a calidade da hostalería local. Este tipo de rutas están a poñerse de moda en diferentes municipios da provincia, como Baiona, Sanxenxo, O Grove ou Cambados, que tamén se promocionan desde a Axencia de Turismo de Galicia. A distribuidora de bebidas Disgobe, asentada en Redondela durante décadas, fixo unha selección de viños brancos, tintos e rosados, tanto galegos como doutras denominacións de orixe para potenciar os pinchos. O seu representante, Iván Gómez, destacou a calidade da oferta gastronómica e a importancia de fomentar “o tapeo” como reclamo turístico de Galicia. Os que se acheguen a Redondela para disfrutar destas tapas poderán votar aos mellores pinchos e gañar unha estancia no Hotel Balneario Santas Aguas, un circuito termal do Talaso Atlántico ou un lote de 3 botellas coa Denominación de Orixe. Ademais os 20 primeiros que consigan completar a toda a ruta terán un premio directo: unha botella de viño magnum. Locais participantes: Pizzería Bos Aires: Mini calzone de espinacas ao gorgonzola (Rúa General Rubín, 19); Restaurante Lemos: Capricho ibérico confeitado en salsa Lemos (Estrada Fortóns, 79); Bar 4 Esquinas: San Simón e San Antón ( Rúa Pai Sarmiento, 1); O Café da Vila: Tosta de pesto con xamón (Rúa Alfonso XII, 23); Churrería Pepe: Enrolado de patacas da Avoa (Paseo da Xunqueira); Zafetería Aifos: Mestura de granxa (Rúa Salgueiral, 11); Café Nueva York: Pans da tía (Rúa Oito de Marzo, 1); Disco Tasca: Arrecendo de humildade (Avda. Mendiño); Bar Rivas: Carpaccio de lagostinos con rúcula (Avda. Santa Mariña, 1); Café Bar El Pinchito: Lazo de polo (Travesía de Ponteareas, 8); Vinoteca Don Vinarius: PolvoRosa (Praza de Ponteareas); Antolín: Empanadillas de chocos (Outeiro das penas 164, Cesantes); Restaurante Casa Mucha: Tosta de ventresca de bacallau ao pil-pil (Praza Santiago Apóstol); Café Bar Os Amigos: Petisco de raxo sobre crocante en salsa de sidra (Rúa General Rubín, 15); Bar A Dorna: Filloa A Dorna (Torreiro Iglesia, 14A); Vinoteca A Parra: Peixe sapo con Vieira á Parra (Avda. Ernestina Otero, 1); Tapería A Cova: Timbal de estufado de cogomelos ás 3 pementas en base de risotto acompañado de tostas de arando (Rúa General Rubín, 22); Restaurante El Abuelo Chico: Corqueta líquida de choco e niños de arroz con caviar de algas (Rúa Pai Crespo 13, 2); Restaurante Casa Paco: Adobo de bivalvos en salsa verde (Estrada de Vigo, 52); Café Royalty: Bacallau encebolado con pasas de corintio ( Rúa Alfonso XII); Restaurante Casa Consejo: Bacallau queimaliños (Estrada de Negros, 26); La Tasca Jerezana – Los Barriles: Tortillita de camaróns ( San Paio de Abaixo 32, Reboreda).