Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco anos de cárcere por vender droga nunha tapería de Arcade

RR_Noticias

Fernando G.S. foi condenado onte a cinco anos de prisión e unha multa de 1000 euros pro vender cocaína na tapería na que traballaba en Arcade. Os feitos producíronse entre os meses de agosto e novembro do ano 2010 cando o acusado traballaba como axudante no local.

Nun rexistro levado a cabo pola policía os axentes incautáronse de 19 gramos de cocaína valorada en 609 euros e 160 euros en efectivo.. O acusado aceptou onte a pena nunha vista celebrada na Sección Quinta da audiencia provincial de Pontevedra con sede en Vigo, asumindo a autoría dun delito de tráfico de drogadas agravado polo feito de que a venda se produciu nun establecemento aberto ao público.
Malia que a Fiscalía solicitaba inicialmente máis de sete anos de cárcere, a pena foi rebaixada ao ter en contra as atenu8nantes de drogadicción do imputado e dilacións indebidas na celebración do xuizo, catro anos despois de que se cometeran os feitos denunciados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará