Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación en Chapela do cómic “Vida de nai”

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela acolle hoxe martes ás 20:00 horas a presentación do cómic “Vida de nai” editado por “El patito editorial”. Para a presentación contarase coa presencia da autora do mesmo, Gemma Sesar, que falará sobre o cómic, o proxecto editorial e tamén sobre a conciliación laboral e familiar, que é o tema sobre o que se move este libro de banda deseñada.

A vida real en viñetas, un enfoque realista e nada idealizado co que moitos pais e, sobre todo, nais se verán identificados é a proposta en formato cómic que nos deixa a escritora Genma Sesar, quen estará esta tarde ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chaela para presentar o cómic “Vida de nai”. Por outra banda, as Bibliotecas de Redondela foron o escenario, un ano máis, dun dos actos conmemorativos neste mes dedicado ao Libro, coa xa tradicional entrega de recoñecementos aos mellores lectores do pasado ano. Os premios recaeron en Blanca Camino e Rocio Cabaleiro en categoría infantil e en Cristina Alfaya e Esperanza Piñeiro  como mellores lectores adultos.  

Mª Elena Becerrra Biblioteca
Fálanos do cómic que se presenta esta tarde en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará