Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades de baile clásico e moderno en Redondela para conmemorar o Día da danza

RR_Noticias

En total serán 130 bailaríns os que participarán esta fin de semana nun encontro de danza que terá lugar na praza da Casa da Torre, un escenario que na tarde do sábado acollerá diferentes obradoiros de danza moderna e hip-hop. Haberá ademais unha gala no Multiusos da Xunqueira o sábado ás 22:00 horas. Un intenso programa que organiza a concellería de Cultura en colaboración coa Escola de danza Déborah Alfaya.

O edil de cultura, Julio Alonso, aproveitaba a xornada de onte 29 de abril Día Internacional da Danza, para presentar unha variada programación que inclúe obradoiros, exhibición e un encontro de escolas de baile e que se vai desenvolver na fin de semana. Explicaba o concelleiro que con esta cita preténdese incluír tamén a danza dentro da programación cultural organizada dende o concello e dar un maior protagonismo a esta disciplina. A escola de danza Déborah Alfaya está detrás destas actividades que segundo explicaba a súa directora perseguen “sacar a danza á rúa para fomentar que o público acuda a este tipo de espectáculos”. Un dos obxectivos é lograr que “esta actividade artística deixe de ser a irmá pequena das artes escénicas”. Unha cita que inclúe tres obradoiros na tarde do sábado para os cales é preciso inscribirse no Multiusos da Xunqueira ou en calquera das escolas participantes e cuxo prezo é de 3 euros: obradoiros de danza moderna e de hip-hop que terán lugar na praza da Casa da Torre. Tamén o sábado ás dez haberá unha gala no Multiusos e o domingo terá lugar un encontro de danza no que participarán 130 bailaríns procedentes de diferentes puntos de Galicia. A asistencia a este espectáculo é de balde.  

Julio Alonso edil de Culura
As datas elixidas para o Festivla de danza enroncan coa celebración do Día mundial da Danza
Actividades sábado e domingo
Explica cales son as citas enmarcadas no programa
Deborah Alonso profesora de danza
Salienta a necesidade de sacar esta disciplina á rúa
130 bailaríns
Os participantes no enconro do domingo proceden de diferentes puntos de toda Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará