O concello destina a estas axudas un total de 40.000 euros que serán repartidos entre as asociacións, entidades e centros culturais que soliciten unha subvención para desenvolver actividades de carácter culturais entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2014. As entidades interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 23 de maio.
Poderán acceder a estas axudas todas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Redondela, realicen actividades de interese cultural e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Os interesados deberán presentar as solicitudes antes do 23 de maio e deberán achegar unha memorias das actividades realizadas nos últimos catro anos.
As axudas non superarán o importe de 3.000 euros por entidade solicitante e virá determinada en base a un baremo no que se valorará o número de asociados, o número de actividades desenvolvidas nos últimos anos así como o ámbito xeográfico no que realizan as súas iniciativas.
As bases que rexen estas subvencións pódense consultar na páxina web do concello e no BOP do pasado 23 de abril.