Na xuntanza mantida onte co deputado Juan Fajardo para falar do transformador de alta tensión existente no lugar amosaron a súa preocupación polo que entende “alta taxa de tumores e mortes por cancro no lugar, xa que de algo máis de 100 veciños xa houbo catro afectados” e solicitaron que se elabore un estudo epidemiolóxico da zona.
Unha delegación de Alternativa Galega de Esquerda encabezada polo deputado autonómico Juan Fajardo e o Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida trasladábase na tarde de onte á zona da Portela para informar aos veciños das iniciativas parlamentarias promovidas a raíz da preocupación veciñal pola instalación dun transformador de alta tensión, aínda pendente de funcionamento.
Os residentes na zona xa amosaron en varias ocasión a súa preocupación pola repercusións que na súa saúde podería ter a posta en marcha deste transformador e alertaron de que o lugar xa se atopa rodeado por varias liñas de alta tensión de 3ª e 2ª categoría ao que engaden outros problemas medioambientais como os ruídos de empresas limítrofes, transportes de alta capacidade pasando arredor das súas casas en tramos sen sinalizar, abandono do mantemento do parque e escaseza de servizos de limpeza.