As obras de saneamento afectarán a varias das parroquias do concello xa que están previstas actuacións en Cabeiro (Camiño de Cambieros e Quirincosta), no barrio de Saramagoso no Viso, en Fixón en Vilar de infesta e no barrio de Cruceiro en Cedeira. Tamén se acometerán obras de saneamento na rúa Espírito Santo no centro de Redondela.
A existencia dun remanente de tesourería positivo permitiu sacar adiante no pleno de onte un paquete de obras para executar neste 2014 que se centrarán na mellora do saneamentos nalgúns puntos das parroquias así como a mellora de parques infantís e a construccións de parques biosaudables. Unhas actuacións propostas dende o grupo de goberno e que contaron co apoio de todos os grupos da oposición malia que o PSOE lamentou que non se incluíran no listaxe de actuación obras como o saneamento na zona de o Cadaval na parroquia de o Viso así como a posta en marcha definitiva do saneamento en Soutoxuste.