Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela presume de Choco e de Illa

RR_Noticias

A carpa que prevé acoller a máis de 35.000 visitantes durante a fin de semana está xa practicamente instalada no Campo da feira. Dous días de festa nos que a oferta gastronómica completarase cunha feira de artesanía e con percorridos en barco e visitas guiadas á Illa de San Simón, previa inscrición na oficina de turismo no teléfono 986 401713. Prezo 9 euros adultos, 5 os nenos.

Un programa que arrancará o sábado ás doce do mediodía coa apertura das casetas de degustacións. Nesa xornada celebrarase o tradicional concurso gastronómico así como unha demostración de cociña a cargo de Carlos Barreiro. A charanga Vai de balde animará coa súa música o recinto e as rúas da vila e xa pola noite as Orquestra Yucatán e o grupo Camelot serán os encargados de amenizar a verbena a partir das dez. O domingo a xornada arrancará xa as 10:30 horas e está previsto que as 12:30 Roberto Vilar, do programa da TVG “Entre familias anda o xogo” dea lectura ao pregón. Dous días de festa nun ano difícil en canto ao número de capturas, segundo explicou o patrón maior de Redondela, Clemente bastos. As estimacións falan de que nesta campaña as capturas veranse reducidas nun 50% debido ao duro inverno que nos acompañou. Con todo, insiste en que haberá choco suficiente para atender a demanda dos comensais, un produto que garante a súa máxima calidade. Dende a Asociación de empresarios, Feranando Sampil destaca que esta cita gastronómica é un xeito de poñer en valor os produtos da enseada e tamén a riqueza paisaxística da súa contorna. Unha “festa triunfadora” como o acredita o feito de que este ano celebra xa a súa XXVIII edición.  

Javier Bas alcalde de Redondela
Estima que se volverán repetir cifras de anos anteriores en canto ao número de visitantes
Actividades
As visitas a Illa e a feira de artesanía completan o programa
Clemente Bastos patrón maior
Unha tempada de baixas capturas
Fernando Sampil empresarios
Dende a asociación de empresarios falan dunha festa triunfadora

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará