Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actos electorais de PSOE, BNG e AGE en Redondela

RR_Noticias

O PSOE inicia a campaña para as europeas cun encontro con mariñeiros e mariscadores
Que se vai desenvolver esta tarde ás 18:00 no Hostal Antolín. No acto, ademais de representantes do grupo municipal socialista, estará o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario provincial, Santos Héctor. Pola súa banda a deputada do BNG no Congreso Olaia Fernández Davila participan dun acto político qeu terá lugar as 20:30 hroas no Multiusos do Piñeiral en Chapela. A candidata de AGE, Lidia Senra estará mañá en Redondela, nun mitin na Alameda.

O PSOE celebra esta tarde ás seis un encontro cos patróns, mariñeiros e mariscadores da Cofraría de Redondela. O acto ten como obxectivo principal coñecer en primeira persoa os problemas deste importante colectivo para a economía de Redondela. Cómpre recordar, como quedou demostrado no conflito da xarda hai unhas semanas, que unha boa parte da lexislación vixente en materia de pesca depende da Unión Europea, polo que intercambiar opinións e coñecer o punto de vista da xente do mar é algo imprescindible e esencial nestes momentos. Do mesmo xeito, os membros do grupo socialista tentarán trasladar a importancia dos comicios europeos e a influencia dos mesmos na actividade das xentes do mar de Redondela, así como, aclarar tódalas dúbidas que poidan formular ós asistentes ó encontro.
 
O BNG en Chapela e Saxamonde
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, participa tamén hoxe nun acto político que se vai desenvolver no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela ás 20:30 horas. Participarán no mesmo Miriam Rodríguez, integrante da listas electoral do BNG e membro activo do movemento protesta contra as preferentes e o concelleiro Xoán Carlos González. Por outra banda, o sábado 10 de maio celebrarán un acto semellante no centro cultural de Chan das Pipas en Saxamonde, onde exporán as liñas fundamentais do plan de traballo que levará o BNG a Europa nos próximos cinco anos.
 
Acto de AGE na Alameda
A candidata de AGE Lidia Senra participa este sábado ás 12:30 horas nun acto aberto que vai ter lugar na Alameda de Redondela, fronte a estatua de Castelao. Un mitin no que participarán tamén a vicevoceira de AGE no parlamento, Yolanda Díaz, o coordinador nacional de Anova, Martiño Noriega e o coordinador nacional de Espazo ecosocialistas, Xan Hermida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará