Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide a liga en Santa Mariña cun empate ante o Barbadás

RR_Noticias

Na tarde de Sábado disputouse no Campo Municipal de Santa Mariña, o partido correspondente á última xornada entre o CD Choco e a UD Barbadás. Encontro ao que os de Jacobo Montes chegaban cos deberes feitos, do mesmo xeito que o rival. Os redondeláns puideron festexar o final dun campionato que remataron na sexta preza, superando todas as expectativas no ano de regreso á Terceira División.

Terceira División
Choco 2-2 Barbadás
Desde os primeiros minutos, os locais fixéronse co balón e os tempos do encontro, polo que non tardaron en sucederse as oportunidades dos de Redondela para adiantarse no marcador. A primeira oportunidade chegou cando aínda non transcorreran cinco minutos de xogo, nun tiro afastado obra de Gonzalo. Desde esa acción até o ecuador do primeiro acto, sucedéronse múltiples oportunidades para ambos os conxuntos, que non lograron variar o marcador. No minuto vinte e dous Manu Lojo abriu a conta para os de Jacobo Montes, nunha xogada de cabeza. Co 1-0 o Barbadás dispuxo dalgunha opción, para volver levar as táboas ao marcador. Pero rozando a media hora, Gonzalo anota desde fóra da área, un fermoso gol que entrou pola escuadra sen que o porteiro puidese facer nada. Desde o 2-0 até o termo da primeira parte, o Choco tivo opcións claras de ampliar distancias, aínda que non se materializaron. No segundo acto, os de Jorge Regal, aos poucos, fixéronse co control do esférico e conseguiron dispor de oportunidades para recortar distancias, feito que se acentuou a partir do primeiro cuarto de hora da segunda parte, cando ó Choco comezou a pasarlle factura o esforzo realizado durante a primeira hora de encontro. A partir de aí Martín Pérez recortou distancias para o Barbadás rozando a media hora e tan só cinco minutos despois foi Moisés Pereiro o encargado de levar as táboas ao marcador. Desde ese instante até o final do encontro, igualáronse un pouco as forzas e calquera dos dous equipos, puido facerse coa vitoria, aínda que o encontro rematou co reparto de puntos.
Segunda Autonómica

Choco B 1-0 Victoria
O filial do Choco impúxose pola mínima a un dos equipos sumidos no pozo da clasificación, e mantense firme na terceira posición da táboa. A próxima xornada xogará no campo do pechacancelas, o Nieto.
Soutomaior 0-0 Pontevedra
Reparto de puntos nun partido sen goles que deixa ó Soutomaior na 13ª praza do grupo. A próxima xornada xogarán no campo do líder, o Campolameiro.
Zacande 2-1 Arcade
A derrota do Arcade déixaos na 12ª posición do grupo. A próxima fin de semana terán ocasión de acadar un resultado positivo, xa que reciben a un dos equipos da parte baixa, A Lama.
Terceira Autonómica

At. Estación 2-3 Cesantes
Dous goles do local Borja non foron suficientes para atallar aos redondeláns. O Cesantes, malia que non se xogaba nada, puxo toda a súa profesionalidade no terro de xogo e fixo moito dano á Estación á contra, cun gran Aitor, autor de dous do tres goles. Na próxima xornada reciben ao Santomé, da parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará