O PP contestaba así ao grupo parlamentar de AGE quen presentou unha iniciativa en comisión na que se solicitaba a construción do novo centro nesa parroquia en substitución do colexio que vai ser derrubado coa ampliación da autoestrada AP-9. Fomento licitará este mes as obras de ampliación, segundo confirmou hoxe a ministra Ana Pastor.
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda Ramón Vázquez critica a falta de información aos pais e nais aos que non se lles informou sobre o futuro do centro de Chapela nin se lles aclarou vai ser o futuro dos seus fillos e fillas
AGE presentou unha proposición non de lei en comisión parlamentar na que se instaba á Xunta a permitir a continuidade do CEIP Igrexa- A Capela de Redondela mediante a construción dun novo centro educativo no contorno da súa zona de influencia de xeito que se evite a perda dun centro de ensino. Esta proposta foi respondida polo portavoz do PPdeG quen asegurou que a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo esta nova construcción. Con todo o deputado de AGE considera unha falla de sensibilidade por parte do goberno da Xunta que non informara aos pais e nais desta decisión xa que “a día de hoxe non saben aínda cal será o futuro do seus fillos”.
Licitación das obras
Unhas obras que serán licitadas este mesmo mes, segundo confirmou hoxe a ministra de fomento Ana Pastor en Santiago. A dotación dun novo carril en Rande terá un prazo de execución de 36 meses, cun custo estimado de 300 millóns de euros.