Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS celebra o terceiro posto de liga e confía en manter o bloque para a nova temporada

RR_Noticias

A diferencia polo golaberage deulle o subcampionato ao Mos, co que remataron empatados a puntos, nunha máis que meritoria terceira praza da Liga Autonómica. Pero o traballo do equipo non rematou aínda, continuarán adestrando ata xuño. Logo prepararán a próxima temporada, para a que o técnico Julio Mougán agarda contar practicamente co mesmo bloque que nesta campaña.

No club amósanse moi satisfeitos co traballo feito polos xogadores e polo resultado. Os números falan por si sós, sumaron 68 puntos, só perderon catro partidos e foron o equipo menos goleado coa cifra de tan só 62 tantos en 30 partidos. Mougán, adestrador e presidente do club, recoñece estar “moi orgulloso” do equipo, non só polos resultados senón polo traballo e compromiso que demostraron ao longo da temporada. Rematado o compromiso ligueiro, aínda non momento para o descanso, seguirán co calendario de adestramentos ata xuño, con traballo “´máis lúdico” e partidos amigables con equipos da provincia, entre eles o Leis de Pontevedra, campión da Terceira División. A continuación prepararán a próxima temporada, e no club traballarán para sumar algún reforzo ao actual cadro de xogadores. Mougán confían en continuar co mesmo bloque quen tan bo resultado obtivo nesta campaña, e non augura moitos cambios. Con todo recoñece que algún xogador podería deixar as filas do Redondela F.S. para fichar por algún equipo de categoría superior, ou ben por motivos persoais ou laborais. Nos meses de verán teñen previsto tamén poñer en marcha diferentes actividades para as categorías inferiores, así como o tradicional “Mundialito da Xunqueira”.  

Julio Mougán adestrador
No club amósanse moi satisfeitos cos resultados acadados esta temporada.
Continuidade no equipo
Mougán confía en manter practicamente o mesmo cadro de xogadores para a próxima temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará