Por primeira vez a praia de A Punta de Cesantes ven de ser recoñecida coa distinción de bandeira azul, un galardón concedido por un organismo independente e no que se valoran criterios diversos tales como a limpeza e seguridade do areal, a información e xestión ambiental así como os servizos e instalacións dos que dispón a praia. A comunidade galega mantense á cabeza de España en número de bandeiras con 123 distincións ás praias de 36 concellos.
O municipio con mais bandeiras segue a ser Sanxenxo, con 14 praias. Únese aos municipios galardoados por primeira vez o concello de Redondela cunha distinción para a praia da Punta en Cesantes. Por outra parte, o Concello de Cangas do Morrazo mantense como un dos municipios con máis areais xa que aos sete que tiña o ano pasado, engade tres máis: Arneles, Francón e Areacova; seguido de Vigo. O Concello de Bueu obtén unha nova bandeira para a praia de Lapamán.
A Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior número de bandeiras azuis en 2014. Galicia acadou un total de 123 distincións, encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasion pola Comunidade Valenciana (120 bandeiras), Cataluña (89) e Andalucía (81).