Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luís Davila presenta “Menudo día” na Casa da Cultura

RR_Noticias

O humorista popularmente coñecido polo seu traballo diario na tira cómica o Bichero do xornal Faro de Vigo presenta o seu último traballo nun acto aberto que terá lugar o xoves 15 ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Unha actividade organizada pola Biblioteca e que contará coa presentación do xornalista Antonio Pinacho.

Os coñecidos personaxes que habitan a tira diaria do Faro de Vigo chegan a Redondela da man do seu autor, o viñetista buenense Luís Davila, quen presentará mañá o seu último traballo “O Bichero. Menudo día”. Un libro onde imos atopar á agudeza e enxeño do que é un dos mellores humoristas gráficos de Galicia, quen recompila neste traballo viñetas xa publicadas nos últimos dous anos xunto con outras orixinais. Unha tiras cómicas detrás das cales hai moito humor pero tamén un importante traballo xornalístico, pola súa vinculación coa actualidade. Unha análise do día a día que Davila acompaña cun traballo “costumista” que intenta reflexionar sobre “como somos os galegos”. Moita retranca de seguro o que atoparemos neste cuarto libro de Davila, quen nos deleitará coa creación en directo dos seus célebres personaxes e que, ao finalizar a presentación, asinará e debuxará exemplares da súa obra.  

Luis Davila humorista gráfico
Fálanos do contido do libro O Bichero
Retranca e actualidade
Dúas características que atopamos nas súas viñetas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará