Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 400 deportistas participan en Chapela no Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica

RR_Noticias

O pavillón municipal de Chapela acolle este sábado unha xornada intensiva de deporte coa ximnasia rítmica como protagonista. Clubs de toda a provincia participarán nesta proba provincial puntuable para o Campionato Galego con ximnastas de entre 6 e 14 anos.

Guillermo Reinaldo, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, salientou que haberá probas ao longo de toda a xornada, e que a organización elixiu Redondela para celebrar esta cita deportiva “polo compromiso do Concello co deporte base”. En horario de mañá celebrarase o Campionato Provincial de Promoción, ás 11.00 horas coas probas individuais e ás 12.40 horas as colectivas. Pola tarde disputarase a Fase Provincial Escolar, a partires das 16.00 horas. Pilar Álvarez, delegada provincial da Federación Galega, explica que pola mañá compiten as ximnastas que remataron como primeiras clasificadas na edición anterior. Pola súa banda o concelleiro de Deportes de Redondela, Jesús Crespo, salientou a importancia de que un evento destas características se celebre en Chapela. Advertiu que, malia que non existe ningún club de ximnasia rítmica no municipio, esta proba pode servir para achegar esta disciplina aos veciños. Para Crespo será tamén unha boa oportunidade para dar a coñecer os atractivos turísticos de Redondela e Chapela, xa que serán máis de 1.000 persoas as que se acheguen a este campionato desde diferentes puntos da provincia.  

Guillermo Reinaldo coordinador de Deportes
A cita deportiva congregará a máis de 400 ximnastas.
Pilar Álvarez delegada da Federación
Haberá probas pola mañá e pola tarde puntuables para o Campionato Galego.
Jesús Crespo edil de Deportes
Esta proba é unha oportunidade para dar a coñecer a ximnasia rítmica en Redondela ao tempo que se promociona o municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará