Caranguexos, cabaliños de mar, caracois, tartarugas, peixes globo… forman parte desta sorprendente exposición que se pode visitar no Multiusos da Xunqueira dende este sábado 17 de maio ata o día 26 enmarcada dentro da programación do Festival Internacional de Títeres. A entrada custa 1 euro, agás no día da inauguración, que será de balde.
En total son 17 pezas elaboradas todas elas a partir de materiais reciclados aos que Raúl Martínez “Ferroluar” lles da unha segunda vida. Empregando materiais como paraugas, motores de limpiaparabrisas, chapas de metal recuperadas ou bidóns consegue elaborar unhas creacións con vida propia. Unha batea de mexillóns ou un banco de sardiñas que cobran vida grazas aos sensores de movemento que levan incorporados, un peixe globo que se infla cunha bomba neumática ou unha balea articulada son tan só algunhas das “esculturas” que integran esta mostra. A exposición, que fai parada durante este semana en Redondela, levou a maxia das profundidades mariñas ás máis prestixiosas mostras e festivais de teatro do estado facendo a ledicia de grandes e cativos. O horario de visita é de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.