Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas salienta no Día das Letras a relevancia de Díaz Castro na creación da identidade galega

RR_Noticias

Baixo un sol de xustiza celebrouse o pasado sábado na Alameda de Redondela o acto institucional co gallo do Día das Letras galegas. Tan só concelleiros do PP e PSOE participaron dunha cita na que hai que lamentar a escasa presenza de veciños. O alcalde, Javier Bas animou aos redondeláns a “construír un futuro cheo de identidade e recoñecemento que lle asegure á lingua galega mil primaveras máis”.

O festivo das Letras Galegas contou tamén en Redondela cun acto institucional centralizado na Alameda. O alcalde Javier Bas, arroupado polo seu grupo de goberno e polos concelleiros do PSOE, foi o encargado de ler un discurso institucional no que lembrou a figura do homenaxeado este ano, o escritor Díaz Castro. Previamente escoitáronse os seus poemas na voz de Xosé Couñago, membro da Asociación Alén Nós. “Un pobo que non recrea a súa historia, vivencias, música, cultura e lingua está condenado a desaparecer” así arrancaba un discurso no que o alcalde salientaba tamén o traballo que dende o concello se está a facer precisamente para espallar a cultura local coa celebración dende hai tres anos do Persoeiro do Ano que serviu xa para homenaxear a persoeiros como Casto Sampedro, Alejandro Otero ou Rita Otero. Ademais de lembrar a figura e obra do homenaxeado este ano nas letras galgas houbo tamén referencias aos grandes da literatura galega: Rosalía de Castro, Murguía, Curros Enriquez… nomes propios que fixeron posible a pervivencia dun pobo que “sempre estivo marcado pola capacidade de crear e reivindicar a unión dos galegos ao carón da nosa lingua”. Houbo referencias tamén aos novos tempos marcados pola posta en marcha na Internet do dominio “.gal” que “levará o nome de Galicia á rede e que vai permitir que a lingua e a cultura galegas gañen en proxección e visibilidade”. Un discurso que rematou co chamamento aos redondeláns a “construír un futuro cheo de identidade e recoñecemento que lle asegura á lingua galega mil primaveras máis”.  

Xosé Couñago Alén Nós
Foi o encargado de poñer voz aos poemas de Díaz Castro
Javier Bas alcalde
Un discurso insitucional para ensalzar a celebración das Letras e o homenaxeado este ano
Un futuro cheo de identidade
O rexedor local animou aos veciños a traballar para garantir mil primaveras máis para a lingua galega
Penélope
Unha alegoría de Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará