Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ponse á venda o disco “Son titiriteiro” no que 19 formacións celebran quince anos de monicreques

RR_Noticias

O disco ten un prezo de 8 euros e poderase adquirir nos postos de venda do Festival de Títeres e en cinco locais da vila. Os grupos participantes ofrecerán un concerto-espectáculo o vindeiro sábado ás 23:30 horas no Campo da Feira. A programación de sala, que hoxe arranca coa proxección dun vídeo homenaxe a Juanjo Amoedo, contará o mércores coa primeira das actuacións, a obra “Sopa de ladrones” da compañía ecuatoriana Titiritainas.

Un espectáculo que conta en clave de comedia a historia de dona Carlos Tolón e Tolón, devota de Santo Antonio quen a través das súas oracións espera que o santo lle cumpra o milagre de darlle un marido. Humor universal, segundo nos confesaba a súa responsable Yolanda Navas, para unha obra nacida no popular barrio de La Chilena no centro de Quito. Arrancan así as actuacións de sala que se prolongarán nos vindeiros días e que sufriron cambios de última hora debido a que a compañía teatro Milagros que ía actuar na noite de xoves e venres causou baixa polo accidente sufrido por unha das súas actrices. Un imprevisto que a organización resolveu con dúas propostas alternativas “La Tartana” que actuará na noite do xoves e Chana Teatro que se subirá aos escenario do Multiusos o venres ás 21:00 horas. Na fin de semana, ademais das actividades de rúa e sala, este ano como novidade celebrarase un concerto ao aire libre no que participarán os 19 grupos que colaboraron na creación do disco “Son Titiriteiro”, un proxecto musical no que os grupos locais compuxeron e gravaron un tema dedicado aos títeres. O disco, que se pode adquirir nos postos de venda da organización e nos locais Café da Vila, o Chusco, a Discotasca, a librería Carambola e na tenda Mandamamá a un prezo de 8 euros, é a escusa perfecta para o concerto espectáculo que se vivirá o sábado ás 23:30 horas no Campo da Feira con entrada de balde. Tamén de balde será todas as actividades de rúa que se celebren nas xornadas de sábado e domingo, mentres que as funcións de sala manteñen o prezo de anos anteriores, 5 euros os adultos e 3 euros os nenos, unhas entradas que se poden retirar dúas horas de cada función no Multiusos.  

Yolanda Navas Titiritainas
Fálanos do espectáculo do mércores
Luis Crespo director do Festival
Cambios de última hora por causas alleas á organización
Concerto-espectáculo
Presentación en directo do disco Son Titiriteiro nun concerto no Campo da Feira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará