O Concello de Redondela acolle este venres ás 14:20 horas un pleno extraordinario convocado de urxencia para proceder a aprobar o proxecto e expediente de contratación das obras do pavillón polideportivo de A Marisma. O motivo da urxencia é a necesidade de sacar adiante este proxecto antes de que conclúa o ano por tratarse dunha actuación financiada con cargo as obras do Marisma Máis.
Unha aprobación de trámite segundo explicaron fontes municipais que xustifican a celebración deste pleno extraordinario para poder cumprir así os prazos marcados polo Marisma Máis.
A construcción do novo pavillón de deportes estaba recollido xa nos orzamentos para este 2014 cunha partida toda de 1.745.000 euros, achegados principalmente dos Fondos Feder da Unión Europea.