Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan que se inclúan maiores medidas de seguridade na ampliación da estrada de Vilar

RR_Noticias

As obras na estrada EP 2906 entre o Alto dos Valos e Guizán aos seu paso por Vilar contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos que o Concello achega 200.000. Dende o BNG entende que a obra debería ampliarse a 200 metros máis e que se deberían incluir maiores medidas de protección dos viandantes xa que segundo explican “unicamente se van sinalizar tres pasos de peóns”

Publicado o Proxecto de Ampliación da Estrada Provincial EP 2906 ao seu paso pola parroquia de Vilar, o BNG amosa a súa preocupación porque malia considerar que a ampliación da vía é moi necesaria “o vial podería converterse en moi perigoso” tal e como está formulada a reforma.
Engaden que unha vez estudiado o Proxecto, unicamente se van sinalizar tres pasos de peóns e tendo en conta que practicamente se vai tratar de dúas rectas, por mor da intensidade de vehículos, a reforma da estrada pode traer máis problemas que beneficios”. Engaden que tampouco queda claro, se se trata de lombos, para reducir a velocidade ou non.
A voceira nacionalista Cecilia Pérez engade que “cómpre garantir as máximas condicións de seguridade para os veciños e veciñas do lugar, nunha zona con varios cruzamentos, cun parque infantil próxima da estrada, e varios negocios de hostalaría, Centro Cultural, e mesmo varias empresas nas inmediacións”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará