Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pleno “bronco” para aprobar a licitación do pavillón de A Marisma

RR_Noticias

Non houbo sorpresas en canto ao resultado, xa que tal e como estaba previsto os votos a favor de PP, PSOE e BNG -co voto en contra do edil de AER- permitiron aprobar o proxecto para a construcción de o pavillón de A Marisma cun investimento de 2,3 millóns de euros. Unha decisión adoptada nun pleno extraordinario o pasado venres no que os grupos da oposición lle afearon aos populares “o caracter electoralista da convocatoria” e a “precipitación e improvisación do proxecto”.

Un proxecto “ben valorado e meditado” que servirá para dar resposta a unha obra “longamente demandada polos veciños”, así definía o concelleiro popular Arturo González o futuro pavillón de A Marisma que se vai executar dentro do plan Marisma Máis dotado cun orzamento que supera os 2,3 millóns de euros e que debería estar rematado no inicio do 2015. Os grupos da oposición amosaron certas reticencias en canto ao proxecto, por entender que se trata dunha obra “precipitada e improvisada” cuxo proxecto inicial redactado polo arquitecto Carlos Rosón non contou ao entender dos socialistas do debate necesario para ofrecer as mellores instalacións. Luís Orge salientaba o feito de que a pista contemplada no proxecto sexa de formigón. Dende o BNG criticaron ao PP “o carácter electoralista da convocatoria, dous días antes duns comicios importantes”. Finalmente, o único voto en contra procedeu doe AER quen insistiu en que “tres anos despois da súa chegada ao goberno agora andan con presas para aprobar un proxecto dunha grandísima envergadura”. O futuro pavillón terá capacidade para 760 espectadores cunha pista de 48 por 32 metros e estará ubicado na parcela que se atopa nas inmediacións do centro de saúde que actualmente se emprega como zona de estacionamento.  

Luis Orge PSOE
Criticaba o proxecto inicial e a falta de debate na súa elaboración
Xoan Carlos González BNG
O Bloque criticaba a elección da data do pleno o pasado venres a dous días duns comiciós electorais
Alfonso Blanco AER
O edil de AER tamén insistía nas presas por aprobar o proxecto
Arturo González PP
Unha infraestrutura que ao entender dos populares está ben meditada e valorada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará