Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate no Multiusos sobre á proposta de AER de suprimir o grao elemental do conservatorio

RR_Noticias

A Agrupación de electores defende a supresión do grao elemental por entender que “non afecta ao alumnado do centro” e que, pola contra, suporá un aforro importante ao reducir, segundo os seus datos, nun 50% a achega que o concello fai a este centro educativo. O edil de AER, Alfonso Blanco insiste en que o seu grupo non persegue en ningún caso o peche do conservatorio e combida aos interesados a achegarse a unha asemblea aberta que terá lugar o martes 27 no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas.

A moción presentada pola Agrupación de Electores e que será debatida no vindeiro pleno municipal propón a “supresión inmediata ao finalizar o presente curso do grao elemental do conservatorio mantendo e potenciando a Escola de Música”. Ante a polémica levantada por esta proposta, decidiron convocar unha asemblea aberta na que estarán presentes diferentes persoas relacionadas co ámbito das ensinanzas musiciais, entre elas o propio concelleiro Julio Alonso, para explicar, debater e analizar en qué consistiría o cambio proposto na moción. Engade Alfonso Blanco que en ningún caso buscan pechar o conservatorio “a nosa proposta é que se manteña o grao profesional e que se elimine o elemental” por entender que este cambio non suporía unha diminución na calidade educativa que recibe o alumnado do centro independentemente de si o seu interese á estudar música a nivel profesional ou afeccionado. Explican que con esta modificación a achega económica que anualmente fai o concello ao Conservatorio, e que está próxima aos 250.000 euros, podería reducirse en torno aos 125.000 euros, segundo os datos que manexan. Na moción AER solicita tamén a creación dun grupo de traballo para estudar o futuro das ensinanzas musicais de Redondela  

Alfonso Blanco Pochi AER
Explica cal é a proposta da Agrupación para o Conservatorio
Consecuencias económicas
Entenden que o aforro roldaría os 125.000 euros
Asemblea aberta
Desenvolverase o martes 27 ás 20:00 horas no Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará