Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Participación Cidadá aborda a reforma do regulamento dos Consellos Parroquiais

RR_Noticias

A súa responsable, Herminda Quelle, reunirase este mércores ás 20:00 horas coas asociacións de veciños na Casa da Cultura e o xoves, á mesma hora, cos responsables dos centros culturais. Na vindeira semana manterán unha nova xuntanza co resto dos colectivos veciñais co obxectivo de constituír unha comisión que se encargará de abordar a reforma do regulamento dos Consellos Parroquiais.

Con esta iniciativa dáse cumprimento a un acordo plenario adoptado en base a unha moción presentada pola Federación de Asociacións de Veciños de Redondela na que demandaban a posta en marcha dun proceso de revisión do regulamento dos Consellos  por entender que nos últimos anos se teñen producido estratexias de cara a atrancar a participación dos veciños nestes órganos consultivos “ninguneando as súas propostas ou obstruíndo o acceso a información dos representantes veciñais”. Entenden que ante esta situación é necesario introducir unha serie de cambios nos regulamentos dos Consellos Parroquiais que deberán ser estudadas e analizadas pro unha comisión mixta paritaria que debería constituírse logo das xuntanzas que está a realizar a Concelleira de Participación Cidadá. Herminda Quelle entende que “o regulamento está funcionando pero non haberá ningún inconveniente en introducir os cambios que así se acorden”.  

Herminda Quelle Participación Cidadá
A edil explica como vai ser o proceso de constitución da comisión encargada de valorar o regulamento
Posibles modificacións
Quelle entende que o regulamento funciona pero non descarta cambios se así o deciden os colectivos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará