A biblioteca de Chapela en colaboración co alumnado de Educación Infantil do Instituto de Chapela celebra esta tarde unha xornada de actividades orientada a rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. A entrada é libre e gratuita, ata completar o aforo polo que non se precisa inscrición. Desenvolverase entre as 17:30 e as sete da tarde.
Por outra banda, a Asociación Cultural de Chapela continúa co seu ciclo de teatro este sábado coa obra “Aquí non paga ninguén” de Darío Fo. A compañía de teatro Fonte da Tella de Soutomaior será a encargada de poñer en escena esta obra en clave de humor. Unha actuación de balde para todos os públicos o sábado día 31 ás 21:30 horas.