Marcial T.F. enfróntase a unha pena de 3 anos e tres meses de prisión por conducción temeraria co seu tractor e atentado á autoridade. Os feitos tiveron lugar en decembro de 2012 cando o acusado foi detido logo de ser sorprendido pola rúa Pai Crespo de Redondela conducindo o seu tractor facendo “zig-zag” e poñendo en perigo, segundo oos axentes que o detiveron, a seguridade dos peóns.
O octoxenario veciño de Redondela foi xulgado onte en Vigo por circula ser carné, ebrio e por atentado á autoridade, xa que cando un policía lle deu o alto tentou atropelalo e incluso chegou a agredilo fisicamente. Ademais unha vez detido se lle realizou a proba da alcoholemia dando 0,79, o triple do permitido, e comprobouse que carecía de carné de conducir. De feito, xa no ano 2005 fora condenado a 90 días de prisión por outro episodio semellante.