Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que Bas “empregue todo tipo de artimañas para se salvar”

RR_Noticias

Cualifica de “vergoñento” que logo de solicitar o apoio dos grupos para crear unha comisión de expertos de urbanismo comparase a proposta feita polo edil socialista Luís Orge para esta comisión coa suposta “recomendación” do alcalde de O Porriño Nelson Santos para que contratase á empresa Radio Pérez. Asegura tamén o Bloque que na súa comparecencia Javier Bas nada aclarou sobre eses supostos “tratos de favor” coa empresa de electricidade.

O BNG insiste na relación causa-efecto entre a conversa de Bas co alcalde de O Porriño e a contratación dunha empresa de electricidade de dita localidade, Radio Pérez e entenden que as explicacións dadas polo rexedor de Redondela no último pleno municipal a petición dos grupos da oposición PSOE e AER “non aclararon para nada estes presuntos tratos de favor”. O bloque entende que hai varios feitos incontestables como son que “as conversas telefónicas presumiblemente sentarán a declarar a Javier Bas como testemuña na causa contra Nelson Santos e en segundo lugar, a relación causa-efecto, entre a devandita conversa e que a empresa volvera a ser contratada”. Para o BNG un dos momentos máis vergoñentos da comparecencia tivo lugar coa referenza que fixo Javier Bas á proposta feita polo edil socialista, Luís Orge, para o comité de expertos do PXOM. Un comité que se encargaría de avaliar os proxectos presentados para a redacción deste documento urbanístico. O rexedor local facía no transcurso do debate unha comparación entre a proposta feita por Orge e a “recomendación” de Santos. Os nacionalistas acusan a Bas de recorrera a “unha artimaña” para se salvar e “crear confusión entre os veciños e veciñas” en palabras do concelleiro Xoán Carlos González.  

Javier Bas-Luis Orge
Momento do debate aludido polo BNG

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará