Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán Castro Chapela prepara a próxima temporada cun proxecto de continuidade

RR_Noticias

Á espera de coñecer se poden aspirar a ocupar algunha vacante na División de Honra Prata, polo de agora o equipo de Chapela prepara a próxima campaña na Primeira Nacional. O presidente, Manuel González Soto, amósase satisfeito co rendemento dos xogadores e do adestrador, Fran Teixeira, que xa negocia varios reforzos para o curso 2014-2015.

A fase de promoción para evitar o descenso disputada en Pozoblanco foi “un despropósito” a xuizo de Soto, que lamenta a mala organización e a falta de previsión, que os obrigou a cruzar a península “case sen tempo”. Logo as arbitraxes, segundo denuncia, fixeron o resto, deixando fóra da Divixión de Prata ao equipo redondelán. Con todo, no club non descartan poder repetir categoría no caso de que algún club renuncie a militar nesa liga, ou ben por arrastres de Asobal. En todo caso, no equipo contarán “con dous ou tres reforzos” xa que e o plan é manter o actual plantel e darlle continuidade ao traballo de Fran Teixeira. Na directiva amósanse satisfeitos con rendemento dos xogadores e do adestrador, no que confían “plenamente”.  

Manuel González Soto presidente
No club non renuncian a militar na División de Honra Prata se hai algunha vacante.
Proxecto de continuidade
A directiva confía a Teixeira a configuración do plantel que contará con dous ou tres reforzos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará