Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP asegura que os cabezudos se gardan nas mesmas condicións que en tempos de Reguera

RR_Noticias

Os populares aseguran non entender as críticas do socialista Eduardo Reguera sobre o “precario almacenamento dos cabezudos” cando actualmente estas figuras se conservan “en idénticas condicións que durante o período en que o voceiro do PSOE desempeñaba as responsabilidades de Concelleiro de Cultura”.

Explican dende o PP que cando se achegan as datas de celebración das festas da Coca, os ordenanzas do Concello retíranos do almacén a fin de proceder a súa ventilación, eliminando calquera humidade que puideran ter acumulado durante o seu período de almacenamento. Un procedemento que “se ven seguindo dende hai anos como debera saber Reguera, tendo en conta que é o mesmo operativo que desenvolveu durante mais dunha década cando el era responsable de Cultura”
Respecto a exposición pública da figura da Coca, tamén criticada dende o PSOE por entender que “o dragón estivo exposto na rúa nuns días -durante o Festival de Títeres- que non se corresponde coa súa historia” asegura o PP que a decisión de que estivese exposta ao público de forma permanente no Multiusos tamén se adoptou no período no que Reguera era titular de cultura polo que non entende que agora “critique una decisión que el mesmo tomou o que amosa una falla de coherencia intolerable no suposto líder da oposición”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará