Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela quere difundir o seu patrimonio cultural na web “Redondelar”

RR_Noticias

A iniciativa parte da asociación cultural Alén Nós e quere ser unha ferramenta para descubrir o patrimonio cultural e arquitectónico do municipio a través dunha aplicación para teléfonos móbiles e tablets onde se localizará e interpretará o patrimonio inmoble da vila, ampliable no futuro ás parroquias. Complementarase cunha paxina web e paneis explicativos “in sito” da casa ou construcción seleccionada. O importe total do proxecto será de 17.714,40 euros.

Andrés Laxe de Alén Nós explica a utilidade para os visitantes xa que poderán descubrir os lugares, edificios e monumentos de Redondela grazas a un código QR que permitirá cun teléfono móbil achegármonos a toda a historia do inmoble elixido. O Convento de Vila Vella fundado polo arcediago don García Prego de Montaos no ano 1501, o viaduto de Ourense inaugurado en xuño de 1881, o pazo de Petán, da mesma familia Prego de Montaos e actualmente propiedade da familia Regojo, a Casa da Alfóndega do século XVI, a Casa da Torre, a Casa do Concello, o cemiterio dos Eidos ou o viaduto de Pontevedra serían algúns dos monumentos e edificios que formarían parte do proxecto, que incluiría a dotación de sinaléctica ao pé de cada inmoble. Unha iniciativa que quere tamén involucrar ao pequeno comercio, xa que o código QR ademais de servir de autoguía polo consello servirá tamén para achegar ao visitante información práctica sobre onde atopar un restaurante, unha farmacia ou unha ferretería. O proxecto, encargado pola Asociación Cultural Alén Nós á empresa “A Citania”, pretende implicar ao Concello de Redondela, a Asociación de Empresarios e Comerciantes de todo o Concello.  

Andrés Laxe Alén Nós
Explica en que consiste o proxecto
Involucrar ao comerio
Un servizo para comerciantes e visitantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará