Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Once socorristas velarán pola seguridade dos bañistas a partir do domingo

RR_Noticias

O servizo contratado polo Concello manterá nos areais de Cesantes e Chapela un total de tres patróns e oito socorristas dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro. O servizo de vixilancia desenvolverase todos os días durante a tempada de verán tanto en A Punta como en Arelonga en horario de 11:00 a 20:00 horas.

As altas temperaturas que nos están a acompañar estes días fai que sexan moitos os que se acheguen aos areais da bisbarra. Unhas praias que polo de agora aínda non contan co servizo de socorristas que comezará a funcionar o vindeiro domingo día 15. Durante tres meses unha dotación fixa de onde persoas -oito socorristas e tres patróns- velarán pola seguridade dos bañistas tanto na praia da Punta en Cesantes como no areal de Chapela. O servizo funcionará dende as once da mañá ata as oito da tarde e manterase durante tres meses, ata o 15 de setembro. Na paria de Cesantes serán cinco os operarios que realicen este labor de vixilancia, un requisito imprescindible ademais neste areal que vén de recibir o distintivo de bandeira azul o que obriga a contar con socorristas durante o período de verán así como con outras melloras nas que están a traballar xa dende a Concellería de Medio Ambiente. En Arealonga, unha praia de menor tamaño, traballarán tres operarios.  

Miguel Alvarez Ballesteros Medio Ambiente
Contar con socorristas é un dos requisitos para ter a bandeira azul

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará