Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A orquestra París de Noia atrasa a súa actuación para non coincidir co España-Chile

RR_Noticias

O concello de Redondela decidiu introducir un cambio horario no seu programa das Festas da Coca que arrancan hoxe co tradicional acto de relevo das “penlas” e a lectura do pregón ás 20:00 horas. Así, a actuación da orquestra París de Noia, que estaba prevista para as dez da noite, atrásase unha hora debido ao partido da selección española no Mundial de Fútbol.

As Festas da Coca arrancan hoxe ás seis da tarde co desfile de Xigantes e Cabezudos que percorrerán as rúas acompañados polo grupo de gaitas Os Xuveniles de Chapela. As 20:00 horas terá lugar a lectura do pregón cun marcado carácter deportivo xa que correrá a cargo do presidente do C.D. Choco, Iván Crespo, un club con máis de 60 anos de vida  e cuxo equipo titular fixo este ano unha temporada espléndida en Terceira División. A continuación procederase ao acto de relevo das Penlas e a música da Orquestra de saxos do Conservatorio escoitarase ás 21:00 horas na Alameda. Xa pola noite, a orquestra París de Noia amenizará a primeira das verbenas que se vai desenvolver no Campo da Feira e que se atrasa unha hora, ata as 23:00 horas, para non coincidir co partido da selección española no Mundial de Fútbol Durante toda a tarde elaboraranse as alfombras florais nas rúas do casco urbano, cunha activa participación tamén dos nenos. A xornada do xoves do Corpus arrancará ás 10:30 co traslado da Virxe “A Gabacha” á Igrexa de Santiago de Redondela, onde terán lugar os actos relixiosos ao mediodía e de onde partirá a procesión que percorrerá as rúas decoradas con alfombras florais acompañada pola banda de Música de Redondela. Ás 13:00 horas a Praza da Constitución acollerá un dos momentos máis esperados da festa, a Danza das espadas e as Penlas. As citas festivas continuarán pola tarde con balonmán na rúa na Pista da Xunqueira e o programa infantil A Coca dos nenos con actividades na alameda a cargo de Pistacatro co espectáculo “Up 2 Down” e Peter Punk con Peor imposible. A xornada do xoves rematará coa verbena nocturna a cargo da orquestra Televisión ás 22:00 horas.  

José Antonio Blas París de Noia
Actúa hoxe mércores ás 23:00 horas
Julio Alonso edil de Cultura
Pregón
A Coca dos nenos
Actividades para os máis pequenos na Alameda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará