Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tan só nove fogueiras contan cos permisos municipais para se prender en San Xoán

RR_Noticias

Redondela volverá vivir esta noite as tradicionais fogueiras de San Xoán con cacharelas en Vilar, Saxamonde, Ventosela, O Viso, Trasmañó, Cidadelle, Cesantes, Cabeiro e Rande. En total, nove son as fogueiras que contan coa autorización pertinente de Medio Ambiente, unha cifra notablemente inferior aos 45 permisos concedidos no pasado ano.

Este é o ano no que o departamento de Medio Ambiente menos permisos ten concedido para a celebración das fogueiras de San Xoán, As nove cacharelas autorizadas afástanse moito das case medio cento que arderon no 2013 en diferentes puntos do municipio. O motivo hai que buscalo nos requisitos esixidos neste exercicio, xa que por primeira vez e tal e como acontece en concellos limítrofes, se esixe aos organizadores contar cun seguro de responsabilidade civil para afrontar os posibles danos que se puideran producir. Isto fai que sexan tan só os centros culturais os que este ano manteñan as súas celebracións, pasando á “clandestinidade” aquelas fogueiras que puideran prender os particulares. O departamento de Medio Ambiente establece ademias unha serie de normas de obrigado cumprimento para esta noite entre as que se inclúe a prohibición de facer cacharelas que superen os 8 metros de diámetro e os 3 metros de altura ou nas que se queimen pneumáticos, plásticos, aceites e, en xeral, calquera substancia que poida desprender fumes tóxicos. Si haberá fogueiras en Vilar de Infesta, no parque infantil de Cidadelle, no torreiro da festa da Gándara no barrio de Tuimil no Viso ou no recinto de festas de Cabeiro. Tamén contan con permiso os centros culturais de Chan das Pipas de Saxamonde, o centro cultural A Miñoteira de Ventosela, o de Trasmañó e o Centro Cultural e deportivos de Cesantes. Tamén en Rande a Asociación Cultural e deportiva promete unha noite de música e troula en Meirande onde non faltará o pan, as sardiñas, o viño e a tradicional queimada para todos os asistentes  

MIguel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
Lembra os requisitos necesarios para conceder os permisos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará