Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A xeración de ouro do atletismo galego participará na VII Carreira Popular de Redondela

RR_Noticias

Alejandro Gómez, Carlos Adán, os irmáns De la Torre, Julio Rey e Estela Estévez son algunhas das estrelas que participarán este domingo na carreira redondelá. Unha xeración do atletismo galego difícil de repetir, e que reinaba nas pistas a finais dos anos 80 e durante a década dos 90 e que acadou varios títulos nacionais e internacionais.

Poder contar con eles para esta carreira é todo “un orgullo” para o club de atletismo CAR de Redondela, xa que como explica o seu presidente Francisco Otero, marcaron “unha época de ouro” no atletismo galego. A súa presencia é un aliciente máis para esta carreira, que se está a consolidar como unha das máis atractivas da bisbarra. Trátase dunha proba de 6,4 quilómetros de percorrido, moi accesible para o todo o público, o que a fai perfecta “para aqueles que queiran iniciarse”. A organización confía en superar o número de participantes do ano pasado, con máis de 800 atletas. A inscrición está aberta ata o xoves día 26, na Piscina Municipal de Redondela, en Viaxes Loa ou na páxina web www.chanpionchipnorte.com. O prezo da inscrición é de 3 euros para os atletas federados e aqueles que conten co “chip amarelo”, e 1 euro máis para os que non o teñan en concepto de aluguer. Parte da recadación terá un carácter solidario, xa que por cada inscrición doarase 1 euro á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental Lenda, que colabora na proba. Serán tamén os usuarios de Lenda os encargados de elaborar os premios que se outorgan na carreira, con trofeos elaborados a man. Ademais da proba absoluta, para maiores de 16 anos, realizaranse tamén probas para os máis pequenos, con distancias que van desde os 50 ata os 1.500 metros en función da idade dos nenos. As carreiras comezarán ás 10.00 horas, cos alevíns, e a categoría absoluta sairá ás 11.00 horas desde a Casa do Concello.    

Francisco Otero presidente
A elite do atletismo galego dos anos 80 e 90 participará na proba.
Un percorrido accesible
O perorrido é perfecto para aqueles que queiran iniciarse neste tipo de carreiras.
Colaboración con Lenda
A organización achega a Lenda un euro de cada inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará