Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira cumpre corenta anos fiel ao seu estilo

RR_Noticias

É sen dúbida un dos torneos de fútbol sala máis antigos do calendario, e mantén a mesma filosofía que nos seus inicios: reunir a grupos de amigos e gozar do deporte na pista da Xunqueira. Comezará o luns, 30 de xuño, e remará o 27 de xullo. Ata o de agora son 15 os equipos inscritos, pero a organización confían en chegar aos 24. O prazo está aberto ata o 26 de xuño na cafetería Aifos.

O presidente do Redondela F.S., Julio Mougán, entende que o que atrae aos xogadores deste Mundialito é o feito de xogar ao fútbol dun xeito diferente. A pista da Xunqueira, rodeada dun valado, impide que o balón saia da pista, co que ofrece un xogo “moi rápido” que resulta atractivo para os xogadores. Ademais a época na que se desenvolve, ao longo do mes de xullo, permite aos estudantes e xogadores de equipos federados poder participar cos amigos do deporte dun xeito “lúdico e entretido” unha vez rematada a liga oficial e os estudos. O Mundialito da Xunqueira permite ver tamén na pista a xogadores “máis veteranos” que, aínda que xa non están federados, se reúnen cos amigos para gozar desta competición. O Mundialito disputarase na categoría sénior masculina, e o prezo da inscrición é de 100 € por equipo, máis 30 € de fianza. Haberá trofeos para o campión e os outros tres primeiros clasificados, así como para o mellor xogador, o equipo menos goleado, o máximo goleador e o premio á deportividade.    

Julio Mougán presidente do Redondela F.S.
O torneo é un dos máis antigos do calendario.
Xogo dinámico
Parte do éxito deste torneo é a particularidade de xogarse nunha pista rodeada por un valado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará