Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jorge Mira recibe un dos premios Peña Novo que se entregan mañá en Soutomaior

RR_Noticias

O catedrático baiés Jorge Mira é un dos galardoados nesta edición pola Fundación Lois Peña Novo que quere así recoñecer o traballo daquelas persoas e entidades que destacan polo seu labor a prol da normalización do galego. Este ano tamén son galardoados o Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais de Galicia e a maxistrada do xulgado do social número 3 de Lugo, Dalila Dopazo Blanco.

O xurado da vixésima edición do galardón, composto por José María Barja Pérez, catedrático e ex reitor da UDC; a escritora Inma López Silva; Clodio González Pérez, etnógrafo e gañador do galardón o ano pasado, Celia Soto Espiña, xefa dos Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra; Luís García Mañá, comisario de policía e escritor, e Carme Pérez Vaquero, secretaria de fundación, valorou de Jorge Mira -coñecido popularmente polo programa da TVG Cifras e letras- o “compromiso persoal que desde hai anos exerce coa incorporación da lingua galega nunha especialidade científica na que non abundan os exemplos”. Salientan tamén que “ninguén coma el logrou achegar a ciencia á xente non experta sendo un exemplo a seguir dentro da comunidade universitaria”
Xunto con Mira o xurado recoñeceu tamén o traballo do Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais de Galicia así como á maxistrada do xulgado do social número 3 de Lugo, Dalila Dopazo Blanco. A entrega dos premios celebrarase mañá xoves 26 de xuño no Castelo de Soutomaior ás 19.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará