Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a falta de accesos para discapacitados no parking da Xunqueira

RR_Noticias

O PSOE reclama a construción de ascensores no aparcadoiro subterráneo de Redondela porque, na actualidade, esta infraestrutura non conta cos elementos necesarios para que as persoas con discapacidade poidan acceder a el. Lembran que o parking se construíu antes da normativa vixente en materia de mobilidade pero que agora “é preciso corrixir esta situación”. Por este motivo instan ao goberno local a “traballar neste tema e, xunto coa concesionaria, dotar dun acceso óptimo para minusválidos a esta instalación”.

Os socialistas explican que o parking subterráneo de Redondela dispón dunha serie de prazas reservada a persoas de mobilidade reducida, pero carece dun acceso axeitado para estas. Os peóns teñen que entrar e saír por unhas escaleiras estreitas e cun importante desnivel. Deste xeito “as nais con carros de bebé, as persoas en cadeiras de rodas ou as que utilizan muletas teñen moitos problemas para entrar e saír do parking”, indicou o concelleiro socialista Leonardo Cabaleiro.
Dende a agrupación socialista de Redondela aseguran ter constancia de que xa se produciron queixas por este feito e entenden que “o goberno de Javier Bas ten que actuar para atallar esta realidade, que representa unha discriminación para as persoas de mobilidade reducida. Engaden que “non é de recibo que a estas alturas un edificio público presente estas deficiencias”.
Explican tamén que o aparcadoiro é anterior á normativa vixente en materia mobilidade, de xeito que no seu deseño non se contemplaron estas carencias pero agora “é preciso corrixir esta situación”.
Entenden que a mellor solución pasaría pola construción dun ou dous ascensores dende o andar inferior ata a superficie do aparcadoiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará