Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

2naFronteira presenta en Redondela “Zapatiños para Díaz Castro”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este sábado ás 21:00 horas a actuación de “2nafronteira” dúo integrado pola galega Carmen Penim na voz e o italiano Maurizio Polsinelli no piano, un concerto que está a achegar a diferentes concello de toda Galicia a poesía de Díaz Castro.

O dúo fará un percorrido musical polos versos do autor das Letras Galegas 2014 con temas recollidos no seu último traballo discográfico baseado no poemario “Nimbos”, do poeta lucense. Na actuación os dous artistas convidarán o público a realizar unha viaxe musical polos versos do escritor. Nimbos, Noite do mundo, Alalá do verme e a estrela, Esmeralda, No novo ceo, Penélope e Coma un río son algunhas das pezas que conforman o último traballo discográfico desta formación musical no que lle rende unha homenaxe musical ao poeta e tradutor de Guitiriz.  

Carmén Penim 2naFronteira
Presentan en Redondela un disco que esá a ter unha gran acollida

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará