Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os partidos políticos convocan unha concentración contra a Monarquía

RR_Noticias

O colectivo “Redondela polo dereito a decidir” no que se agrupan PSOE, BNG, AER e Anova convocan unha protesta o mércores 2 ás 20:30 horas na praza do Concello para reclamar o dereito da cidadanía a decidir sobre o modelo do estado.

Explican dende o colectivo convócante da protesta que “tres décadas despois da morte do ditador, a cidadanía segue a ser tratada como menor de idade negándoselle o dereito a decidir sobre o seu futuro. Nunha suposta democracia consolidada, o Xefe do Estado segue a ser elixido por ser fillo de e non pola vontade popular tal e como aconteceu o pasado 20 de xuño cando comezou o reinado de Felipe VI”.
Neste contexto nace no noso concello o colectivo “Redondela polo dereito a decidir” que agrupa organizacións políticas e sociais que teñen como principio o cuestionamento do status quo monárquico e do modelo de Estado. Como primeira acción fan un chamamento á cidadanía para concentrarse o próximo mércores 2 de xullo ás 20:30 diante do Concello de Redondela.
Redondela polo Dereito a Decidir está constituído por AER, Anova Redondela, BNG e PsdeG-PSOE e está aberto a novas incorporacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará