Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE pide que se reforce o servizo de emerxencias

RR_Noticias

Aseguran que na actualidade un único traballador atende a quenda de día mentres que no horario nocturno o mesmo empregado ten que estar localizable no seu domicilio. Critican que malia as promesas electorais logo de tres ano de goberno “o PP foi incapaz de crear un servizo de emerxencias como merece o Concello de Redondela” e solicitan que se amplíe o grupo de emerxencias con tres traballadores por quenda.

Explican dende o PSOE que a día de hoxe un único traballador é o que ten que atender tanto a quenda de día como o servizo en horario nocturno. “Como é lóxico, unha persoa soa pouco pode facer nos casos de incendios urbanos, accidentes de tráfico con atrapados, etc…xa que, para facerlle fronte a este tipo de emerxencias, requírese dun equipo de varias persoas minimamente organizado e con medios axeitados”.
Unha situación que provoca que para atender as emerxencias que se producen na bisbarra “teñan que acudir a Redondela bombeiros dende a base de O Porriño, situada nas Gándaras, que tardan media hora como mínimo en chegar. Moitos destes accidentes foron con vitimas atrapadas precisando ser escarceladas, onde cada minuto que pasa pode ser crucial”.
Por este motivo reclaman a inmediata ampliación do Grupo de Emerxencias cun mínimo de tres traballadores por quenda “o número mínimo imprescindible para prestar un servizo eficaz ante calquera incidencia”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará