Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe o cese da concelleira de servizos sociais Teresa París

RR_Noticias

Acúsana de levar o servizo a unha situación “insostíbel” e de converter os servizos sociais nunha oficina benéfica. Os nacionalistas abandonaron o salón de plenos durante a comparecencia da edil popular na última sesión por entender inxustificable que a “responsable de servizos sociais acusara ao goberno anterior de provocar un mal ambiente entre as traballadores do departamento”.

Para o BNG a comparecencia da concelleira de servizos sociais na última sesión plenaria marca “un punto de inflexión na xestión deste departamento”.
O BNG decidía abandonar o Salón de Plenos segundo explican “porque Teresa París aproveitou a súa comparecencia para xustificar as súas vergoñas, manexando a información de xeito tendencioso e afirmando que o ambiente entre as traballadoras no departamento estaba moi deteriorado polo goberno anterior”.
Para o BNG “coa súa comparecencia a concelleira tenta tapar a súa incapacidade ao fronte de servizos sociais, coa vella estratexia de botar as culpas aos demais. Mais se hai algo obxectivamente certo é que servizos sociais deixou de ser, co goberno de Javier Bas, un recurso para demandar dereitos adquiridos, para se converter en oficina benéfica”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará