Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia prácticas fraudulentas da empresa Urbaser

RR_Noticias

O BNG explica que a empresa concesionaria da recollida do lixo está a empregar colectores que prestaban servizo noutro concello que se reutilizan previo “un lavado de cara”. Tamén se estarían a empregar segundo as súas información diversa maquinaria que ten a mesma orixe. Os nacionalistas critican que dende o concello exista “control nulo”sobre as empresas que xestionan servizos municipais”.

Neste sentido a voceira do bloque, Cecilia Pérez Orge, lembra que o Concello ten a obriga de supervisar e controlar a actividade das empresas concesionarias dos servizos públicos para que os presten de acordo co prego de condicións que rexeron a súa concesión e garantir un servizo de calidade pero que para o goberno de Javier Bas
“non é unha prioridade controlar e supervisar ás empresas que xestionan estes servizos”.
Critican que a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados leve meses sen convocarse e que logo dunha semana de solicitar información sobre as supostas prácticas fraudulentas que está a desenvolver Urbaser non teñan recibido resposta algunha.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará