A compañía de Teresa Rabal actúa hoxe no Multiusos da Xunqueira con “Veo, veo el musical”, un “espectáculo interactivo do que van gozar tanto grandes como pequenos” . A actuación terá lugar hoxe venres 11 ás 20:30 horas. O prezo das entradas é de 12 euros para os adultos e dez euros o público infantil.
Cancións de toda a vida, xogos e bonecos xigantes forman parte dun musical que durante máis dunha hora fará gozar a grandes e pequenos. De feito, a popular actriz Teresa Rabal que esta a “xirar” por toda Galicia con este espectáculo amosa a súa satisfacción pola reacción do público que acude ás representacións xa que “os de corenta anos emociónanse con cancións que lembran da súa infancia e os cativos tamén s recoñecen de terllas escoitado aos seus pais”. Un “espectáculo sinxelo” no que Teresa Rabal está acompañada no escenario de bailaríns, grandes animais de peluche e moita música.