Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quempallou e Os Carunchos no V Festival Folk Illa de San Simón

RR_Noticias

O programa que organiza o Círculo Cultural e deportivo de Cesantes arrancará ás seis da tarde con actividades e xogos populares para os máis pequenos. A música será a protagonista a partir das 20:00 horas, co son das gaitas e as pandeiretas e con actuacións a cargo de dous grupos referentes xa no Folk Galego: Os Carunchos e Quempallou.

Os pasodobres, as polcas ou as muiñeiras de Quempallou farán de seguro que moitos se animen a bailar este sábado na praia de Cesantes, ritmos bailables e animados que tamén nos propoñen os músicos de Os Carunchos coa súa música popular. Dous grupos referentes do Fol. Galego que animarán a V edición do Festival Illa de San Simón que contará tamén coa actuación do Grupo de Baile e Gaitas Airiños de San Simón, as Gaitas do Chan das Pipas e as pandereteiras de Reboreda. Unha festa rachada que se prolongará ata a madrugada cun serán ao que están convidados a participar todos os que o desexen. Dende a organización lembran que durante todo o día haberá bebida e comida a prezos populares e unha queimada nocturna para queimar os malos espíritos  

Yerai López CCD Cesantes
Dous grandes grupos para a quinta edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará